
Lembrades? Vacacións, calor, praia, festa...... Fomos moi privilexiados. Daquela non había que preocuparse por nada, ou case nada, mais que ter uns poucos cartiños no peto. E pasalo ben, moi ben. Deus que ben o pasabamos!
A festa do Alvariño. A nosa festa. Algúns aínda voltamos hai ben pouquiño.
Só conservo estas dúas fotos daquela época, así que hai que falar en serio co Manolito que xa me está tardando.
Agora lamento que só me quede unha neurona.... Non sei de cando son as fotos pero penso que deben ser do primeiro ou segundo alvariño. Se alguén o sabe.....
